Xaquin Lores Torres escribíanos o 22 de Sep de 1999:

> Sobre linux.
> -pouco amigable comparado con Win

KDE / GNOME / StarOffice

> -non preinstalado

        E non había por ahi empresas que o preinstalaban, falo de oidas,
pero creo recordar que había empresas que vendían ordenadores con Linux
preinstalado, non saira nas noticias de GPUL?

> -non libros á venda (cada vez mais)

        Hai bastantes, igual era boa idea algo coma "Linux for dummies",
non sei se hai xa algo parecido, nin se ten senso :-m

> -faltanlle aplicacions de usuario final (Access, corel, fontes, etc)

        Home, ti mira o StarOffice, trae fontes, trae folla de cálculo,
procesador de textos, etc. E agora o único que lle falta e distribuir Os
fontes...

> -Non limitarse a traducir, crear programas/paquetes necesarios.

        Ben, acerca disto, eu non penso coma ti. Nos estamos a traducir, en
concreto GPUL está a traducir os programas que *xa* existen ó galego. Sei
que iso que dis pode ser mester, pero non é o que nos propuxemos facer.
Isto de engadir novas metas ó proxecto antes de rematar as primeiras que se
fixaron non sei se será boa idea...

> -Priorizar traballos, haberá que crear un plan de traballo.

        Non sei eu, penso que como estamos agora non estamos moi mal, temos
unha páxina onde se apuntan os traballos asignados / rematados, e unha lista
para pedir máis. E penso que é moito mellor ir deixando que cada cal vaia
escollendo facer o que mais lle apeteza, non estamos nunha empresa... 

> Un sistema operativo en galego, para o galego, para Galicia. Esto último 
> quere decir en Admon, escola, uso particular, etc. partindo da realidade 
> galega.

        Repito que penso que estas a xeralizar demasiado o proxecto. Nos
traducimos, logo se outro grupo quere facer programas, pois moi ben.

> Estructura parecida a hispalinux, con grupos dentro que actuan con 
> liberdade, de forma coordinada.

        Iso non me parece mala idea, pero é o noso traballo? Dos traductores
ó galego? Segun o vexo eu, debería crearse outro grupo que levara o tema da
páxina onde se coordinan todos os traballos, que faga as noticias etc. E
ollo, que isto das noticias da moito choio...
 
> -paquetes para galeguizar as distribucións

        Fai falla isto? Se lles mandas as traduccións ós desenroladores das
aplicacións respectivas, xa farán eles que ó instalar o programa, se poña o
.mo de galego no directorio apropiado.

> -información para galeguizar unha instalación

        o de:
export LANG=es  
export LC_ALL=gl_ES.iso88591
export LANGUAGE=gl:es
???
        Iso ponse na páxina e listo, penso eu.

> -poñernos de acordo en iniciar o proxecto
> -definir características básicas (grupos, contidos, etc.)
> -buscar apoios en filoloxia, marketing, periodismo, deseño, e sobretodo 
> en xestión de proxectos.
> -buscar servidor e dominio.
> -definir responsabilidades
> -crear un plan de traballo comun e outro para cada grupo.

        Eu engadiría:
 -buscar xente que queira facer todo este traballo. Xa facemos pouca cousa
tendo só que traducir, coma para ter que facer todo iso ademáis :)
-- 
"A verdade faravos libres" 
                                                           Fernando Sanchez
  _
 /_) \/ / /  email: mailto:r...@mundivia.es
/ \  / (_/   www  : http://programacion.mundivia.es/ryu
[ GGL developer ] & [ IRCore developer ] & [ GPUL member ]
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a