"Manuel A. Fernandez Montecelo" wrote:
> Jesus Bravo Alvarez wrote:
> >
> > Sun, May 07, 2000 at 07:30:32PM +0000, Manuel A. Fernandez Montecelo
> > escribiu:
> >
> > >pola contra queremos asignarlle desbechador a debugger, pois que a
> > >inclúan. e o que teño moi claro é que case ningún lingüista hoxe en día
> > >pode dicirnos cómo temos que traducir case nada. á vista está, aínda que
> >
> > Que si, que un lingüista non pode dicir que palabra galega temos
> > que usar para traducir un termo informático en inglés. Se en vez de
> > icon[oea] usamos "imaxiña", pois os lingüistas irían ó icarallo co seu
> > icona. Pero se imos usar icon[oea], pois é tarefa dos lingüistas dicir se
> > é o e, o o, ou o a (e sinto as 10 vocais seguidas) X')))
>
> na resposta eu ía por 2 camiños: a) xustificar que podemos facer o que
> dicía Roberto e b) que podemos mandar á merda aos lingüistas. nesa
> parte, ía pola a)
>
Non se pode mandar á merda ós linguistas, se no diccionario pon icona úsase
icona. É o termo correcto, falando tardarás en afacerte pero escribindo haberá
que
escribir o mellor posible. Ainda que soe mal "pica na icona do médio para que se
abra o programa". Eu poño en dúbida a utilidade das academias tal e como
funcionan
( M. Rivas propuña transformalas nunha factoria da lingua :-?), pero unha vez
feito
hai que aguantarse e traducir segundo as normas (unhas ou outras) senon
estaremos
voltando atras e cada un inventará a sua normativa.
Saudos (cordialmente)