Tue, May 02, 2000 at 02:36:33PM +0200, Gonzalo Gonzalez Rodriguez escribiu:

>>      Persoalmente, non me gusta área de transferencia, porta-retallos
>> paréceme catalanismo, e portapapeis e portafolios castelanismos (nin sequera
>> veñen no diccionario)
>
>       Eu farei un comentário na miña liña:

        Adiviño cal é. :-D

>       Os termos a adoptar deven ser a ser posível coincidentes co
>portugués. É o critério mais económico, menos rebuscado, e coerente. O

        Non vexo por que, se tamén existen termos para iso en galego...

>galego non é unha língua isolada; pertence a un grupo linguístico
>(galego-portugués). 

        Home, moitas gracias, non o sabía. }:D

        Non sei a que chamas ti lingua illada (ou "isolada").  Que estean
cerca só coñezo o éuscaro.  Se para ti estar illado é usar os termos
propios en vez dos que veñen de fóra, simplemente non estou de acordo.  Se
realmente forman un grupo lingüístico ó mesmo nivel, non sei por que non
han de tomar os portugueses o termo cartafol.

        Se o galego estivese realmente illado, non existiría o "v", ou o
"c".  O sinxelo é adoptar unha grafía fonética como o éuscaro.  Pero iso é
ir en contra de tódalas linguas que proceden do latín.  Sería parvo que os
franceses ou portugueses tivesen "vídeo", ou "vidéo", e nós chegasemos de
listos con "bídeo".

        Ah, por certo, ademais do grupo galego-português, queríache lembrar
que ámbalas dúas linguas pertencen ó grupo iberorrománico, formado tamén
polo castelán, astur-leonés-mirandés e aragonés (e non o catalán).  Ás
veces semella que esquecedes iso...

>Adoptar solucións como "portarretallos",
>"cartafol"... son confusas, e "portapapeis" un castelanismo flagrante.

        Se os portugueses tivesen un termo razoable e coerente, non tería
ningunha dúbida en usalo.  Pero, unha cousa que non comentei, é que "área
de transferencia" só a mirei en pt_BR, nas traduccións pt_PT só vin
"clipboard".  E o que non penso facer é usar un termo inglés que é
perfectamente traducible (cousa que non ocorre con outros como "spool" ou
"buffer")

>       Outra vez o mesmo. E aparte, aqui apreza-se a falta de critério e
>incoeréncia dos dicionários "normativos", que se un dia "A", outro dia
>"B"... (bolboreta, volvoreta, expoñente, exponente...) 

        Incoerencia ou máis ben falta de profesionalidade e estandarización
hai 15 anos...

>       Repito o mesmo. Suxiro "ícone". Pergunto: por que non?. E que a
>min co de icona é que me dá a risa... XD. Non sei quen seria o intelectual
>que propuxo tal trapallada. 

        Pois non sei quen sería pero nos últimos dez anos non hai outra
proposta por parte do ILG/RALG e compaña...  Atopeino tamén nun diccionario
de termos informáticos en:

http://www.uvigo.es/webs/sli/lexico/index.html

        Xa sei que a ti o ILG/RALG/Xunta e esa xente non che importan nada,
e que o traballo e decisións dos lingüistas é un lixo, e que ti pensas que
tes capacidade dabondo para decidir sobre os termos que teñen que usar 2
millóns de falantes e escribintes en galego...

        Pero, sinceramente, eu son un pobre home que sabe catro cousas de 3
ou 4 linguas, que non lembra nada do latín, que non ten idea da evolución
desas linguas ó longo dos séculos, que traduce un sistema operativo sabendo
máis de informática que de lingüística, e que se ten que decidir un termo
proposto por un lingüista que adica a súa vida profesional a iso, e o
proposto por alguén que basea únicamente o seu argumento en coller o que
usan os portugueses (neste caso, os brasileiros), por mor dunha suposta
coerencia lingüística (coerencia que, por outra banda, impórtalles un pito
ós portugueses que coñezo que che falan en castelán aínda que ti lles fales
en galego), pois home, non che me queda ningunha dúbida.

        Nota: Iso aplícase só ó de "icon", xa que o de "clipboard" é un
tema de decidir entre varias opcións.  Quero lembrar tamén que o termo
"icona" xa foi utilizado no Xis (que Camilo ou alguén outro mo confirme)

>>      Opinións, respostas, análises...
>       Espero que gostes ;)

        Eu pásoo ben discutindo contigo.  Mentres non empeces a dicir
parvadas como que teño fobia e rexeito os libros, como a outra vez... ;-)

-- 
     _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras

Responderlle a