... no fundo, tod@s gostamos de polemizar um pouco, non? ;) On Tue, 2 May 2000, Jesus Bravo Alvarez wrote:
> Tue, May 02, 2000 at 02:36:33PM +0200, Gonzalo Gonzalez Rodriguez escribiu: > > > > Os termos a adoptar deven ser a ser posível coincidentes co > >portugués. É o critério mais económico, menos rebuscado, e coerente. O > >galego non é unha língua isolada; pertence a un grupo linguístico > >(galego-portugués). > > Home, moitas gracias, non o sabía. }:D > > Non sei a que chamas ti lingua illada (ou "isolada"). Que estean > cerca só coñezo o éuscaro. Se para ti estar illado é usar os termos > propios en vez dos que veñen de fóra, simplemente non estou de acordo. Se > realmente forman un grupo lingüístico ó mesmo nivel, non sei por que non > han de tomar os portugueses o termo cartafol. ...e que realmente, tu tamén estás a tomar "termos de fóra". Iso é mui relativo. Agora, podes facer unha "pseudo-adaptación", collendo un pouco de catalán, francés, castellano, portugués (non vaia ser ;) na que non vas ter outro critério que a tua subxectividade, ou coller un "standart" dunha versión da nosa língua, de xente que leva vivendo en (galego-) portugués desde há quase 400 anos, namentres que aqui non temos esa sorte... :( Se tu deixares de traballar nisto, chegará outra persoa, co seu próprio critério, e fará algo distinto... > Ah, por certo, ademais do grupo galego-português, queríache lembrar > que ámbalas dúas linguas pertencen ó grupo iberorrománico, formado tamén > polo castelán, astur-leonés-mirandés e aragonés (e non o catalán). Ás > veces semella que esquecedes iso... ... home, é a primeira vez que escuito tal. Animo-te a facer un estudo sério do galego desde esa perspectiva, ainda que o vexo difícil. Podes ser un auténtico pioneiro. Ánimo, e a polo Nobel ;) > >Adoptar solucións como "portarretallos", > >"cartafol"... son confusas, e "portapapeis" un castelanismo flagrante. > > Se os portugueses tivesen un termo razoable e coerente, non tería > ningunha dúbida en usalo. Pero, unha cousa que non comentei, é que "área > de transferencia" só a mirei en pt_BR, nas traduccións pt_PT só vin > "clipboard". O mesmo que acontece co español de América e o "castellano". É algo común a línguas faladas nunha ampla zona do mundo, e non creo que sexa especialmente grave. Non por iso o español ou o portugués deixan de criar un standart aceitado. > > > Outra vez o mesmo. E aparte, aqui apreza-se a falta de critério e > >incoeréncia dos dicionários "normativos", que se un dia "A", outro dia > >"B"... (bolboreta, volvoreta, expoñente, exponente...) > > Incoerencia ou máis ben falta de profesionalidade e estandarización > hai 15 anos... > > > Repito o mesmo. Suxiro "ícone". Pergunto: por que non?. E que a > >min co de icona é que me dá a risa... XD. Non sei quen seria o intelectual > >que propuxo tal trapallada. > > Pois non sei quen sería pero nos últimos dez anos non hai outra > proposta por parte do ILG/RALG e compaña... Que lles cunda. Que sigan a facer obras de arte como esa. Coincido co Ramon: descargarei o meu q na icona que os chimpou. Atopeino tamén nun diccionario > de termos informáticos en: > > http://www.uvigo.es/webs/sli/lexico/index.html Achtung: Comprobado empiricamente que este "dicionário" é tóxico. Exemplos: - "Arrincar" o computador (para eles "ordenador") - No canto de "disco ríxido", "disco duro", como en el castellano. - A sua calidade chega ao ponto de traducir as abreviaturas de Gb ("xigabyte", Xb, toca-te los güevos) - etc... Pois iso. Sigamos asi, que vamos de q e costa arriba. -- Gonzalo González Rodríguez [email protected]

