2006/6/21, Daniel Muñiz Fontoira <dmun...@gmail.com>:

 Ola!
Fun eu quen preguntou se a reunión será publica e se podía asistir (en
calidade de ouvinte), mais en principio penso que non podo aportar moito
(levo pouco nisto) pero sí coñecer mais e tentar ver que é o que podo facer.
De todos modos se non se pode porque só pode ir xente importante, pois
nada. Supoño que xa contará a xente que considera que se vai quen queira
será unha "feira" o relevante dese encontro.
Curiosamente, debo ser o mais novo da comunidade trasno. E tampouco
confirmei que puidese ir xa que que eus saiba ainda non está fixada, ainda
que si proposta.
Só quería asistir para coñecer mais.
Saudos a todos.

Daniel


Non creo que ninguén de Trasno esté en contra de que asistas, ti nin
ninguén. Xa o feito de que preguntes demostra interese, que é o que
realmente (alomenos para min), xunto coa dedicación ó traballo, pode tomarse
como indicativo da "importancia". Por suposto que hai coordinadores,
supostamente pola súa dedicación, que é importante que estén presentes, pero
cada un de nós podemos aportar algo, ou polo menos aprender (e coñecernos
persoalmente, que foi un dos motivos polo que falamos fai un tempo algúns
dos tradutores de KDE de facer unha quedada :P)

Creo que o  que mvillarino quere dar a entender é que a posibilidade de que
a xuntanza se convirta nunha feira é remota... en certo modo,
desgraciadamente, porque indica que somos poucos :(
Espero que non te sintas excluído, eu son da opinión de que hai que fomentar
este tipo de xuntanzas, xa sexa coma neste caso con representantes da Xunta,
xa sexa entre nós para mellorar a conciencia de grupo e dar moral :)

E por certo, mentras non se fixe a data, é prematuro falar de canta xente
poderá asistir, canto máis de falar de "feira". Se chegado o momento,
fósemos moitos (que o dubido), xa se chegaría a unha decisión sobre quen é
máis "importante" que vaia :P

Un saúdo! :)
--

Xabier Villar
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a