O Martes, 13 de Xuño de 2006 13:03, Nacho escribiu:
> Pregunta:
> Entanse a duplicar os esforzos traducindo aplicacións por un lado e polo
> outro?

Posibelmente

Eu comecei nisto da tradución con Kmymoney (que eu lembre, tal vez haxa algo 
anterior). De cando en vez chega alguén e di que quer porse a traducir 
ao "PutHereYourLocale". Nalguns casos a tradución está completa, e noutros 
hai unha tradución incompleta. É dicer, que non é un problema exclusivo de 
desorganización que nos afecte só a nos, senón algo mais estrutural que 
haberia que analisar en exclusiva.

Pasa algo análogo cos informes de erro: a forma canónica de enviar erros 
depende da forma de obter o programa, debendo reportar ao empacotador. Asi, 
recebense informes tanto reenviados polos empacotadores das diferentes 
distros como directamente de usuarios que compilaron as fontes.

Xa que estamos, o listado de traducións e tradutores que aparece en debian 
penso que é extraido dos contidos dos ficheiros po, con base en que aparezo 
eu no de kmaymoney, sen que ninguén os informase.
Este é un sistema útil, xa que delega a autoria das traducións sobre os 
proxectos en si, á vez que mantén un ponto concreto onde se recompila a 
información de estado.

A min a ideia de depender dunha ferramenta que precise de rede realizar as 
traducións non me gosta, mais que nada porque ainda non teño rede na casa (e 
penso que hei seguir asi uns aniños).

-- 
Best Regards
MV

Public key available at www.keyserver.net
GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE

Attachment: pgpf2NABEAHMx.pgp
Description: PGP signature

_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a