On 6/14/06, Felipe Gil Castiñeira <x...@det.uvigo.es> wrote:
Ola Xabi,

Xabi G. Feal wrote:
> Pois entón fai falla máis coordinación ou vamos a traballar algo máis da
> conta. Deberiades (o equipo de Ubuntu) enviar as traducións aos repositorios,
> aos autores ou aos grupos de tradución que se adiquen a elo para que non haxa
> conflictos.
100% de acordo. Pola miña parte fareino en breve. Se ata agora non
mandei nada foi por falta de tempo.

Estou completamente de acordo tamén.

> Pois entón entendo que teremos que chegar a un convenio de carácter práctico
> para que ninguén se adique a traducir cousas sen preguntar se outro as está a
> traducir porque 1) O que usa Rosetta non ve as mudanzas (feitas polo equipo
> oficial) automaticamente
As traducións existentes entran en Rosetta no momento no que se
actualiza algún paquete en Ubuntu (bastante frecuentemente). Se hai
conflito (unha tradución repetida) dáselle prioridade ás cadeas do
repositorio oficial.

Eu vin cousas como que tuxpaint ainda esta sen traducir completamente
(o cal non é, ou era, certo) e púxenme a traducir en Rosetta. Como
dicides que se lle da prioridade á traducción do repositorio oficial
cando se actualiza o paquete, non me vou molestar en
corrixir/completar a traduccion.

> E outra cousa, por que aparece Kdelibs translated por min en Rosetta se nunca
> traduxen nada usando Rosetta? Por outra banda non aparecen todos os
> traducidos por min ou polo resto de colaboradores de KDE@Trasno.
>
Como ben dices no seguinte correo están tódalas traducións. Na páxina
principal só aparece o nome da persoa que fixo a última modificación.

Non sei se é só percepción miña, pero noto certa "hostilidade" contra
Rosetta/Ubuntu. Só é unha ferramenta de tradución, non se pretende nin
suplantar nin desvalorizar todo o traballo que facedes a xente de
Trasno, de feito xa hai uns meses presentei Rosetta por aquí. Podedes
comprobar no historial da lista "ubuntu-l10n-gl" que a miña proposta
desde o principio foi a de colaborar con vós.

Eu cabréome porque sempre pasa o mesmo: hai varios grupos que
traballan simultáneamente no mesmo; pero en ningún caso vexo mal a
Rosetta (eu mesmo me apuntei para traducir), ainda que si que
desconfío un pouco porque xa debe haber mais traductores no proxecto
de Ubuntu ca en todo Trasno e como algúns deles se descoiden vaise ter
Ubuntu moi traducido e os outros seguiremos como estabamos. As
traduccions que se fan con Rosetta deben reverter en toda a
comunidade. Deberíase colaborar máis cos outros proxectos de
traduccion para non duplicar esforzos, e algún ou algúns do proxecto
de traduccion de Ubuntu deberíanse dedicar periodicamente a mandar o
traballo feito con Rosetta ós repositorios oficiais.

Perdoade que me repita tanto.

Por outro lado Ubuntu estase facendo moi popular, e ademáis trae no menú
"axuda" a opción de "traducir esta aplicación" (que te leva a Rosetta).
Isto está facendo que se apunte bastante xente. Todos aqueles que
queirades axudar a organizar, actualizar traducións ou a utilizar
Rosetta como ferramenta, sodes, por suposto, benvidos.

Un saúdo.
    Felipe.

Ata logo,
                  Leandro Regueiro
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a