Leandro Regueiro wrote: > Ola, > xa levo mirado varias veces o Pootle e ainda me parece confuso, polo > menos no referente á administración. Axudaría un pouco que cando se > pode facer unha tarefa de administración dende unha páxina esta tivera > unha cor de fondo diferente, por exemplo laranxa claro, ou algo así. Estou moi de acordo, agora mesmo para facer calquera tarefa case lle hai que andar dando ao chou a tódalas opcións, pero hai que ter en conta que están traballando moi activamente nel, así que ata que se acheguen á versión 1.0 seguramente cambiarán moitas cousas. No caso contrario sempre se lles poden suxerir cambios ou botarlles unha man (http://translate.sourceforge.net/wiki/toolkit/contributing).
Isto tamén me recorda que onte mesmo actualizaron a documentación: http://translate.sourceforge.net/wiki/pootle/index. > > Boa idea o de engadirlle as gráficas, pero poderían mellorarse un > pouco no referente á apariencia, ainda que supoño que se se pon un > servidor en Trasno se farán melloras neste aspecto. > > Ata logo, > Leandro Regueiro Saúdos. Felipe. _______________________________________________ Trasno mailing list [email protected] http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

