mvillarino wrote:
> O Martes, 1 de Agosto de 2006 10:57, Felipe Gil Castiñeira escribiu:
>   
>> Vaia, estou aprendendo moito coas vosas probas!. Se queredes que engada
>> algún ficheiro no servidor, avisade e fagoo o antes posible. Acabo de
>> probar o das asignacións co vim (o usuario tradutor -contrasinal
>> tradutor- ten asignadas as cadeas da 10 á 20).
>>
>>     
> Puxestes-lle gráficas!!! e retocastes a css!!!!. Está chulo, iso de ter a 
> procura dentro da parte sombreada e aos dados de usuário mais altos na coluna 
> da direita.
>   
Jeje, gustaríame ter tempo para colaborar no desenvolvemento Pootle,
pero non é así :(. Os que fixeron todos os cambios foron os
programadores oficiais (dos que non formo parte, espero que non se me
malinterpretase). Só instalei a versión do CVS (por iso dá algúns erros).

> Mais hai un problema, estou agora mesmo a fozar como administrador e resulta 
> que:
> a) Non vexo a forma de mostrar as comprobacións, de lle dou a "Show Editing 
> Functions" salta-me o erro TypeError: len() of unsized object.
>   
> b) O de trocar o que parece o obxectivo activo tampouco tarece funcionar.
>
> c) Sain e agora estou como usuário non autenticado (anónimo), na páxina 
> inicial. Dou-lle a kmymoney e ve-se
>  
> [ kmymoney ]
> 1 idioma, traducido nun 0% de media
> Language Translated % Fuzzy % Sen traducir % Total Graph
>  Galician  11068  100%  0  0%  0  0%  11068
>
> Ese "0% de media non é correcto"
>
>   
Tés razón en tódolos fallos, pero como digo, é porque é a versión en
desenvolvemento. Dentro de pouco sacarán a 0.10 estable.

> Amais, estiven a premer en outros idiomas e en todos sai: 
> AttributeError: 'TranslationProject' object has no attribute 'quickstats'.
>
> Tamén estaria ben que todo usuário fose quen de obter o ficheiro desde o 
> servidor, mais que nada para, unha vez superadas todas as comprobazóns, 
> enviar-lle o ficheiro ao proxecto.
>   
Um... pensei que se podía... comproboo.

Un saúdo.

    Felipe.
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a