Leandro Regueiro wrote:
> Ahh, pero este é ese programa que se chamaba translate e que alguén xa
> anunciou nesta lista hai unha chea de tempo.
Non exactamente, é unha ferramenta máis dos mesmos que fan o "Translate
Toolkit" (http://www.wordforge.org/drupal/en/projects/wordforge).
Un saúdo.
Felipe.
>
> Ata logo,
> Leandro Regueiro
>
> On 8/2/06, Felipe Gil Castiñeira <[email protected]> wrote:
>> Leandro Regueiro wrote:
>> > Ola,
>> > xa levo mirado varias veces o Pootle e ainda me parece confuso, polo
>> > menos no referente á administración. Axudaría un pouco que cando se
>> > pode facer unha tarefa de administración dende unha páxina esta tivera
>> > unha cor de fondo diferente, por exemplo laranxa claro, ou algo así.
>> Estou moi de acordo, agora mesmo para facer calquera tarefa case lle hai
>> que andar dando ao chou a tódalas opcións, pero hai que ter en conta que
>> están traballando moi activamente nel, así que ata que se acheguen á
>> versión 1.0 seguramente cambiarán moitas cousas. No caso contrario
>> sempre se lles poden suxerir cambios ou botarlles unha man
>> (http://translate.sourceforge.net/wiki/toolkit/contributing).
>>
>> Isto tamén me recorda que onte mesmo actualizaron a documentación:
>> http://translate.sourceforge.net/wiki/pootle/index.
>> >
>> > Boa idea o de engadirlle as gráficas, pero poderían mellorarse un
>> > pouco no referente á apariencia, ainda que supoño que se se pon un
>> > servidor en Trasno se farán melloras neste aspecto.
>> >
>> > Ata logo,
>> > Leandro Regueiro
>>
>> Saúdos.
>> Felipe.
>> _______________________________________________
>> Trasno mailing list
>> [email protected]
>> http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
>>
> ------------------------------------------------------------------------
>
> _______________________________________________
> Trasno mailing list
> [email protected]
> http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
>
_______________________________________________
Trasno mailing list
[email protected]
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno