On 8/18/06, Xabi G. Feal <xab...@gmx.net> wrote:

> > Ola,
> >
> > randomize (verbo)
>
> Pode ser desordenar?
>

Existe aleatorizar?

Polo menos o meu diccionario non reflicte iso. Busquei tódalas
palabras que comezaban por aleat pero non hai ningún verbo.

> > o efecto de escalar (cambiar as dimensións dunha cousa) é escala?

Redimensionar, por exemplo, imaxino se atopa na misma situación. Pero escala
si existe no dicionario co signficado de proporción entre distancias no mapa e
na realidade. Mais deducir a verba escalar, que non ten nada que ver con
escala, creo que non é correcto para nada, como renomear, que se forma
de "renome" e non ten relación con dito substantivo.



>
> "Escalar" ten o mesmo defeito que "renomear" ou proxy: impuxo-se o seu uso.
> <debug="yes, please">O resultado de mudar as dimensións dun obxecto
> aplicando unha lei dada é umha homotécia desse objecto. A homotécia é umha
> transformación afin do espazo, as outras son: translaçom, giro (respeito da
> orixe) e simetria.</debug>

Se non se pode usar escalar, usaremos redimensionar, e de paso en vez
escala, redimensión, ou algo así.

Homotecia é un termo correcto e que se axusta ó significado de scale
(substantivo) que estaba buscando, pero cal é o verbo??

E outra cousa. Estou usando tesela coma tradución de tile, tradución
correcta, pero que non se axeita ó contexto. No Inkscape usase tile
coma cada unha das posicións dunha táboa, que se enchen con clons dun
obxecto. Se alguén quere miralo por si mesmo pode ir ó menú
editar->clonar->crear un mosaico de clons...


Ata logo,
              Leandro Regueiro
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a