> Por iso dicia eu o de que me parecia forte. Pero chamarlles samesugas
> a eses usuarios e despois dicir que non ten unha connotación
> pexorativa... non sei. Igual en inglés non ten esa connotación...

A ver, non está estritamente mal. "Leech" sinifica sangue-suga, se consultamos
o collins ou wordreference, e se o miramos na wikipedia, tamén
(http://en.wikipedia.org/wiki/Leech), mas en informática ten outros
sinificados (http://en.wikipedia.org/wiki/Leech_(computing) ). Destes, en
xeral referese a un aproveitado ou gorrón, excepto no caso do bittorrent onde
é calquer parceiro que non teña unha cópia completa, é dicer, calquer
parceiro que non sexa unha semente.

Tes razón. Xa estás fomentando o uso de parceiro ;-) Cando revise as
traducións que levo feitas hei ter que cambiar isto nalgún que outro
sitio. Falando de torrent, ninguén sabe quen é o tradutor de Azureus?
Mandeille unha mensaxe ó tio que se ocupa das traducións en Azureus
pero ainda non me respondeu.

Ata logo,
                Leandro Regueiro
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a