On 8/17/06, mvillarino <mvillar...@gmail.com> wrote:
O Xoves, 17 de Agosto de 2006 09:44, Leandro Regueiro escribiu:
> > > > > anchor
> > > >
> > > > Referido ás marcas <a href="ligazón">texto</a> ?
> > > > Nos poucos editores de html que teño visto, insere-se no ícone que
> > > > representa unha áncora. Pero case preferiria traduci-lo
> > > > funcionalmente: "ligazón".
> > >
> > > aqui refírese a outro anchor que non é o das páxinas web...
> >
> > A cal? Ao criterio para localizar o ponto base dun elemento nun deseño
> > ("anchor to character, to paragraph, to page")?
>
> No Inkscape no menú Obxecto->Aliñar e distribuir. Con isto aparece
> unha ventá na que hai varios botóns e se pos o rato sobre eles un
> anaco e o deixas estar enriba apareceche un globo de axuda (tooltip)
> que nalgúns casos pon cousas coma "Align right sides of objects to
> left side of anchor". Se prememos nese botón o que facemos é que
> tódolos obxectos que temos seleccionados se peguen ó bordo dereito da
> caixa de contorno (bounding box) que forman tódolos obxectos
> seleccionados.
Eu non usaria unha tradución literal de anchor -> áncora, porén, sendo unha
axuda, poria aquelo ao que áncora se refere:
«Aliña  $one_in(os marxes, os contornos, os bordos, os lados, ...) direit[as|
os] dos obxectos á esquerda da caixa $one_in(envolvente, de contorno)»

Pero que non che dé duelo usar áncora. Para inkscape 0.44.0:
-na versión portuguesa pon: "Lado direito dos objectos alinhados ao lado
esquerdo da âncora"
-na versión pt_Br pon: "Lado direito dos objetos alinhados para o lado
esquerdo da âncora"
- na versión castelá pon: "Alinear el lado derecho de los objetos a la
izquierda del ancla"

Que os outros cometan erros non xustifica que nós os cometamos tamén.
Ainda que vendo tanta unanimidade empezo a sospeitar que terei que
facer un estudio a fondo da cuestión (ou sexa, por que carallo os de
Inkscape utilizaron ese termo habendo outros).

> SVG é un estándar definido polo W3C, pero cando o adoptaron Sodipodi e
> Inkscape engadiron certas etiquetas (ou algo así) para personalizalo.
> Ó estándar oficial, o do W3C, chámanlle "plain svg"

"svg estándar".
Xa postos, como me mola respeitar os estándares.....

Boa idea. Eliminamos o problema pospoñendo a decision sobre cal é a
tradución máis axeitada para "plain".

>
> Alá de onde eu son chámanlle fillos. Pedichón está mellor. Igual é boa
> idea poñer o termo orixinal ó lado entre parénteses.

Acabo de consultar a wikipedia, e resulta que para bittorrent o
termo "leech"/"leecher" non ten a conotación egoista, senon que é unha
simples "cópia non completa". Porei logo algo menos difamante, a ver que me
sai.

Por iso dicia eu o de que me parecia forte. Pero chamarlles samesugas
a eses usuarios e despois dicir que non ten unha connotación
pexorativa... non sei. Igual en inglés non ten esa connotación...

Ata logo,
                Leandro Regueiro
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a