Penso que non é cousa de oir, en moitos sitios dín rodilla en lugar de
xeonllo, e por iso non é mais correcto, é mais é incorrecto. O mesmo
pasa con soia, a moita xente chámalle soxa (de soja en español) sobre
todo por descoñecemento, se para que sexa correcto ten que parecerse ao
español...
Cortalumes non existe en galego, penso que non se trata de traducir do
español, en todo caso se non se quere usar devasas habería que traducir
do nome orixinal "muro de lume".
Desde o meu punto de vista a labor do traductor tamén é educativa.
Tampouco hai que esquecer que o galego non está aínda normalizado, polo
que normalmente cando alguén non sabe a palabra en galego tende a usar
un castelanismo, tal como propós. Penso que iso non é positivo.
Saudos
dmunhiz
Leandro Regueiro escribió:
On 8/21/06, mvillarino <[email protected]> wrote:
O Luns, 21 de Agosto de 2006 11:42, Leandro Regueiro escribiu:
> > - Firewall
>
> cortalumes
vou usar devasa
Home, eu recomendariache usar cortalumes, é algo que oiu toda a xente.
Eu só vin o de devasa cando outra persoa me preguntou cal sería mellor
usar...
> > - Chain
>
> cadea
A todo isto, que é unha "chain" dunha devasa?
Nunca usaches o iptables dende a liña de comandos? Busca un manual de
Iptables, coma este
http://www.pello.info/filez/firewall/iptables.html#31 e mira as liñas
que se escriben no script. Cada unha desas ordes ou comandos que se
lle pasan a iptables para configurar o cortalumes chámaselle chain. Ou
é iso ou estou eu moi equivocado.
Ata logo,
Leandro Regueiro
------------------------------------------------------------------------
_______________________________________________
Trasno mailing list
[email protected]
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
_______________________________________________
Trasno mailing list
[email protected]
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno