On 8/21/06, Daniel Muñiz Fontoira <dmun...@gmail.com> wrote:

 Penso que non é cousa de oir, en moitos sitios dín rodilla en lugar de
xeonllo, e por iso non é mais correcto, é mais é incorrecto. O mesmo pasa
con soia, a moita xente chámalle soxa (de soja en español) sobre todo por
descoñecemento, se para que sexa correcto ten que parecerse ao español...
 Cortalumes non existe en galego, penso que non se trata de traducir do
español, en todo caso se non se quere usar devasas habería que traducir do
nome orixinal "muro de lume".

Home, estás dando por suposto que o orixinal é o termo en inglés, que
non sei se iso é certo ou non...

 Desde o meu punto de vista a labor do traductor tamén é educativa. Tampouco
hai que esquecer que o galego non está aínda normalizado, polo que
normalmente cando alguén non sabe a palabra en galego tende a usar un
castelanismo, tal como propós. Penso que iso non é positivo.
 Saudos
 dmunhiz

Certo, pero non son eu que puxo coma aceptables e recomendadas as dúas
traducións...

Ata logo,
                Leandro Regueiro
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a