Respeito do de devasa: gosta-me mais a palabra (os portugueses simplesmente poñen 'firewall').
Fai o que queiras, acabo de ver no glosario que se recomendan devasa e cortalumes.
Referente a "rule" e "chain": Tiña entendico que "INPUT", "OUTPUT", "FORWARD", "PREROUTING", "MANGLE", "PERSOAL1", etc, eran as "chain" e que as liñas con comandos "/sbin/iptables" eran as regras.
Xa che digo que eu disto moito non sei. Pode ser que teñas razón. En todo caso traduce chain coma cadea. Isto pode ir para o glosario en canto alguén con máis coñecementos nos aclare a cuestión.
En outra orde de cousas: liña de que?, pero iso segue a existir?, oiche, que eu son dos de kde..... :-D
Por iso montades unha interface sobre a liña de comandos. Ti, mellor dito, vós os de KDE, non sabedes que o único que facedes así é empeorar o que xa hai? A liña de comandos é moito mellor e máis versátil ;-)
_______________________________________________ Trasno mailing list [email protected] http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

