Si, destruir parece a opción mellor. Non teño agora tempo para mirar
as discusións, entre exames e practicas estou ata arriba.

On 6/13/07, mvillarino <mvillar...@gmail.com> wrote:
O Mércores, 13 de Xuño de 2007 12:25, Leandro Regueiro escribiu:
> Esnaquizar é unha opción moi boa :)

Tal cual e namais. Iso é o que fai o comando "split", dividir en
cachos, "shred" sobrescrebe repetidamente para eliminar a información, ten a
opción de eliminar o ficheiro do sistema de ficheiros, pero non o fai por
omisión.

En francés usan "moer". Pero nen esa nen triturar me parecen boas: ao final do
proceso non ten porque aumentar a fragmentación --no sistema de ficheiros--
(non estou certo disto), que é o equivalente que se fai nos moíños e nas
trituradoras.

Paréceme que irei quedar con "destruír" por agora. Vai para o glosario ?

En outra orde de cousas: hai un fío interesante nunha das listas de correo do
proxecto "translate" (na de translate-pootle), acerca dos glosarios.
--
Best regards
MV
><((((º> ¸.·´¯`·... ><((((º> ¸.·´¯`·...¸ ><((((º> ¸.·´¯`·...¸ ><((((º>
Public key available at www.keyserver.net
GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE


Responderlle a