Respondo abaixo por alusións :-)
Leandro Regueiro wrote:
>>>> Agradezo muito que te lembres de min, mais penso que seria mellor que en
>>>>
>> > > representación de Trasno fose alguén mais novo e representativo do
>> > > traballo actual: MV, Leandro, Daniel, Felipe, etc.
>> Grazas por proporme, mais hai catro motivos que fan que non sexa o idóneo:
>> - Por unha banda non son coordenador,
>> - aliás xa vai aacid, polo cal sería un pouco excesívo pola banda de kde,
>> - non teño nada preparado.
>> - teño moi moi moi malas pulgas, e falo moi baixiño (as reunións da
>> asociación
>> de viciños, cando fun tesoureiro, eran un problema para min por esta causa)
>> adicionalmente
>> - fun unha das persoas que máis caña deu a mancomún durante os comezos
>> desta.
>>
>> Por estas tres cousas, a persoa ideal para min a día de hoxe son ou Leandro
>> ou
>> Daniel. No caso dos materiais, pode empregarse o da xgn, sen medo de
>> repeticións.
>>
>
> Primeiro, Felipe é dos de Ubuntu e que eu saiba non é de Trasno.
> Segundo, prefiro que o faga outro a facelo eu :), porque son pouco
> traballador e outras cousas, ainda que son coordinador de moitas
> cousas (demasiadas). Considero que non estaría mal que os de KDE deran
> algo a cara que tamén se vai falar moito de GNOME. Eu iría por XFCE
> pero como non é que traducira nada, pois pouco podo dicir. Respecto ó
> dos materiais, pode ser. Ainda non sei moi ben que se agarda de alguén
> de Trasno... igual conviña que viñera algún dos que comezou isto,
> estarán enterados?
>
> Ata logo,
> Leandro Regueiro
>
Síntome afagado con que Ramón me incluíse na lista que propuxo, pero nin
a cantidade de traducións que fago (especialmente nestes últimos tempos)
nin a miña representatividade ou coñecemento de Trasno me fan a persoa
adecuada para ir a esa mesa redonda.
Iso non quita que me sorprenda que digas "...é dos de Ubuntu e que eu
saiba non é de Trasno". Certamente, nin solicitei a título individual
nin como grupo de tradución a inclusión en Trasno (en boa medida porque
non pensei que fixese falla), pero desde logo síntome parte do proxecto
(e procurei e procuro que o traballo que se fai na ferramenta web de
Ubuntu se integre -e non pise- o traballo que se fai aquí).
Un saúdo.
Felipe.