Resposta no medio do texto
mvillarino escribiu:
O Luns, 28 de Abril de 2008, baleato escribiu:
Agradezo muito que te lembres de min, mais penso que seria mellor que en
representación de Trasno fose alguén mais novo e representativo do
traballo actual: MV, Leandro, Daniel, Felipe, etc.
Grazas por proporme, mais hai catro motivos que fan que non sexa o idóneo:
- Por unha banda non son coordenador,
Non creo que importe
- aliás xa vai aacid, polo cal sería un pouco excesívo pola banda de kde,
Neste caso sería trasno o representado non KDE
- non teño nada preparado.
Con respecto a isto non podo dicir nada, seguro que se che ocorre algo
- teño moi moi moi malas pulgas, e falo moi baixiño (as reunións da asociación
de viciños, cando fun tesoureiro, eran un problema para min por esta causa)
adicionalmente
teño recordo da anterior xuntanza e penso que non é para tanto, se fai
falla falase coa organización e pidese un micro ;-) que malo será que
non haxa.
- fun unha das persoas que máis caña deu a mancomún durante os comezos desta.
Non ten nada de malo ser crítico e expresar o que un opina
Amais, es un membro activo, dos que leva bastante tempo no grupo (trasno).
Por estas tres cousas, a persoa ideal para min a día de hoxe son ou Leandro ou
Daniel. No caso dos materiais, pode empregarse o da xgn, sen medo de
repeticións.
Polo comentado, eu penso que Marce sería un bo representante de trasno.