> Síntome afagado con que Ramón me incluíse na lista que propuxo, pero nin
> a cantidade de traducións que fago (especialmente nestes últimos tempos)
> nin a miña representatividade ou coñecemento de Trasno me fan a persoa
> adecuada para ir a esa mesa redonda.
Contamos contigo ainda que non sexa en calidade de representante de Trasno.
> Iso non quita que me sorprenda que digas "...é dos de Ubuntu e que eu
> saiba non é de Trasno". Certamente, nin solicitei a título individual
> nin como grupo de tradución a inclusión en Trasno (en boa medida porque
> non pensei que fixese falla), pero desde logo síntome parte do proxecto
> (e procurei e procuro que o traballo que se fai na ferramenta web de
> Ubuntu se integre -e non pise- o traballo que se fai aquí).
Que nos coñezamos, nos levemos ben e colaboremos non quere dicir que
sexas de Trasno, ainda que te consideramos da familia. Igual o
expresei mal, pero queria intentar dicir o que ti dixeches, non é que
teñas un coñecemento profundo de Trasno, de feito dubido que o teña
moita xente. Non me inclúo nesa xente, por certo.
Respecto ó de "...é dos de Ubuntu..." é certo que se podería
interpretar como que vos queremos lonxe, xa que hai (ou habia) xente
de Trasno que tiraba moito cara Debian e xa sabemos o mal que lles cae
a xente de Ubuntu ós de Debian... que ninguén diga que estou usando
Ubuntu no meu portátil, non vaia ser que me corten a cabeza :)
Ata logo,
Leandro Regueiro