> > > Agradezo muito que te lembres de min, mais penso que seria mellor que en
>  > > representación de Trasno fose alguén mais novo e representativo do
>  > > traballo actual: MV, Leandro, Daniel, Felipe, etc.
>  Grazas por proporme, mais hai catro motivos que fan que non sexa o idóneo:
>  - Por unha banda non son coordenador,
>  - aliás  xa vai aacid, polo cal sería un pouco excesívo pola banda de kde,
>  - non teño nada preparado.
>  - teño moi moi moi malas pulgas, e falo moi baixiño (as reunións da 
> asociación
>  de viciños, cando fun tesoureiro, eran un problema para min por esta causa)
>  adicionalmente
>  - fun unha das persoas que máis caña deu a mancomún durante os comezos desta.
>
>  Por estas tres cousas, a persoa ideal para min a día de hoxe son ou Leandro 
> ou
>  Daniel. No caso dos materiais, pode empregarse o da xgn, sen medo de
>  repeticións.

Primeiro, Felipe é dos de Ubuntu e que eu saiba non é de Trasno.
Segundo, prefiro que o faga outro a facelo eu :), porque son pouco
traballador e outras cousas, ainda que son coordinador de moitas
cousas (demasiadas). Considero que non estaría mal que os de KDE deran
algo a cara que tamén se vai falar moito de GNOME. Eu iría por XFCE
pero como non é que traducira nada, pois pouco podo dicir. Respecto ó
dos materiais, pode ser. Ainda non sei moi ben que se agarda de alguén
de Trasno... igual conviña que viñera algún dos que comezou isto,
estarán enterados?

Ata logo,
                Leandro Regueiro

Responderlle a