Pois non, é algo do bittorrent. Consulta o ficheiro de ktorrent, pero a opción que escollin non me convence nen a min.
2008/5/26, Leandro Regueiro <[email protected]>: > 2008/5/26 Miguel Branco <[email protected]>: >> >> Bs, >> webseed: acabo de traducila como 'distribuidor de contidos' pero non me >> convence. Propostas alternativas? > > Se soubera o que é o choio ese igual podia dar ideas. Supoño que terá > algo que ver cos feeds RSS, concepto para o que hai un milleiro de > traducións. Sen ir máis lonxe, non g11n dorfun enumerou algúns e no > seu blog vin que usaba semente. Xa vai sendo hora de abrir o debate > sobre feed, creo eu. Creo que o traducin normalmente coma fonte de > novas, ou orixe de novas, ainda que este último non me convence moito. > O concepto de fonte paréceme máis próximo pola idea de que as novas > "abrollan" do feed. > > Ata logo, > Leandro Regueiro >

