2008/5/27 damufo <dam...@gmail.com>:
> Pensando un pouco mais, o tema tamén é como chamarlle ao grupo de diferentes
> posibilidades, Fontes? para min queda moi ambiguo, no caso de usar sementes,
> que da moito máis claro do que estou a falar. Fonte/s sempre vai precisar un
> acompañante mentres que sementes non.
> tamén teño usado subscricións pero penso que é mais correcto semente porque
> semente some máis a que o que a ten dáa mentres que subscrición é mais coma
> pedir (a información/código que se facilita).

Eu non vexo a necesidade de impoñer nada. Ningún dos termos nos
convence a todos. Se a maioria decide usar un termo, usareino eu
tamén, para que asente, e pode que nun futuro non pareza tan forzado.
Eu penso que a idea de fonte e semente son equiparables ata certo
punto. Como di damufo fonte xa está sobrecargada, pero sigo sen ver
tan claro semente. Eu entendo que un RSS é coma un sitio de onde saen
novas. Unha semente xermina e punto. En cambio dunha fonte seguen
abrollando novas novas sen parar... O dito, hai que discutilo, e igual
é hora de implicar a máis xente.

Ata logo,
                Leandro Regueiro

Responderlle a