Amador Loureiro Blanco escribiu:
-----BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-----
Hash: SHA1

Por alusións. Cando andaba nas primeiras traduccións de WP decidín, creo que "unilateralmente", utilizar "semente" como adaptación de feed. Hoxe gústame seguir usando esa palabra de cando en vez, pero creo que é máis axeitado o concepto "fonte" RSS. En calquera caso non din atopado algún mellor simil "alimenticio" que me gustase.

Seguindo entón a liña anterior, podería adaptarse webseed por fontes da web... pero tampouco o vexo claro. Non me disgusta distribuidor ou fornecedor de contidos.

...pero como di o señor Regueiro igual é o momento de establecer a cousa.





Leandro Regueiro escribiu:
| 2008/5/26 Miguel Branco <bandu...@gmail.com>:
|> Bs,
|> webseed: acabo de traducila como 'distribuidor de contidos' pero non me
|> convence. Propostas alternativas?
|
| Se soubera o que é o choio ese igual podia dar ideas. Supoño que terá
| algo que ver cos feeds RSS, concepto para o que hai un milleiro de
| traducións. Sen ir máis lonxe, non g11n dorfun enumerou algúns e no
| seu blog vin que usaba semente. Xa vai sendo hora de abrir o debate
| sobre feed, creo eu. Creo que o traducin normalmente coma fonte de
| novas, ou orixe de novas, ainda que este último non me convence moito.
| O concepto de fonte paréceme máis próximo pola idea de que as novas
| "abrollan" do feed.
|
| Ata logo,
|                    Leandro Regueiro

O que lle vexo de bo de usar semente é que usando semente é suficiente de por si, se pos fonte, para min é mais confuso pois tes que acompañar de rss, atom. No caso de que queiras por varios formatos si que hai que especificar, e tamén se queres pórlle un título, sementes paréceme máis inequívoco que se pos fontes. Non ten porque ser semente, valeme outro termo con tal de que non dea lugar a confusión.

Responderlle a