El jueves, 19 de junio de 2008 a las 23:46:28 +0200, Xosé escribía: > Na tradución existente de KMail "pipelining" traduce-se por "paralelismo". É > adecuada esta tradución?
Non. Pipelining é un sistema que se emprega para mellorar o rendemento aparente das aplicacións de rede. Basicamente consiste en que o cliente pode enviar varias solicitudes sen agardar a que o servidor remate de enviar respostas, e viceversa. Isto non significa, necesariamente, que se paralelice nada; as mensaxes de solicitude ou resposta transmítense unha a unha, non varias ao mesmo tempo. -- Jacobo Tarrío | http://jacobo.tarrio.org/

