Xa que temos o irindo de novo:
Banco de datos INFORM Conxunto de datos factuais ou numéricos que se
almacenan na memoria dun ordenador.
Base de datos INFORM Conxunto de datos non redundantes e
estruturados, organizados independentemente das dúas aplicacións e
almacenados en soporte informático, de tal xeito que entre eles se poida
localizar rapidamente unha determinada información e que, ademais, se
poidan empregar con diversas finalidades.
---
Polo que entendo son cousas diferentes, un banco de datos sería a
información que temos por exemplo no disco duro ou nunha unidade de
almacenamento mentres que a base de datos implica que esa información
estea organizada e estruturada. Entendo que o banco de datos é un termo
máis amplo que base de datos polo que unha base de datos pode ser un
banco de datos pero un banco de datos non ten porque ser unha base de datos.
Mais opinións?
bandua escribiu:
Segundo a RAG (1997, non actualizado) di o seguinte:
bases.f. 1. [... ]Base de datos. Inform. Conxunto de datos
relacionados entre si ós que se pode acceder por medio dun programa
especializado. [...]
segundo a nova norma non creo que exista motivo para descartar o
termo. Base ten tamén un sentido de 'corpo ou conxunto de...', creo
entender.
2008/6/19, Dani <[email protected]>:
Ola:
Outra dúbida
database: base de datos ou banco de datos ?
Saúdos