2008/6/20 Jacobo Tarrio <jac...@tarrio.org>:
> El jueves, 19 de junio de 2008 a las 23:46:28 +0200, Xosé escribía:
>
>> Na tradución existente de KMail "pipelining" traduce-se por "paralelismo". É
>> adecuada esta tradución?
>
>  Non. Pipelining é un sistema que se emprega para mellorar o rendemento
> aparente das aplicacións de rede. Basicamente consiste en que o cliente pode
> enviar varias solicitudes sen agardar a que o servidor remate de enviar
> respostas, e viceversa. Isto non significa, necesariamente, que se
> paralelice nada; as mensaxes de solicitude ou resposta transmítense unha a
> unha, non varias ao mesmo tempo.

Pero básicamente isto é o que parece para o usuario real, que as
cousas se estean facendo en paralelo. Tamén ata que apareceron os
procesadores de varios núcleos ou os ordenadores con varios
procesadores non habia computación en paralelo (quitando o das redes
de ordenadores) pero a xente percibia esa multitarefa, ¿non? Estas
técnicas úsanse noutros campos coma nos gráficos, o meu irmán sempre
me está dando a vara con cantos pipelines soporta unha gpu en
particular...

Ata logo,
                Leandro Regueiro

Responderlle a