Pois como polo visto son cousas diferentes usemos cada unha para
refirirse ó que describen e punto. Polo visto a base de datos ten
estructura, e é o que case sempre se usa.

Ata logo,
                     Leandro Regueiro

2008/6/20 damufo <dam...@gmail.com>:
> Xa que temos o irindo de novo:
>
> Banco de datos    INFORM  Conxunto de datos factuais ou numéricos que se
> almacenan na memoria dun ordenador.
>
> Base de datos    INFORM  Conxunto de datos non redundantes e estruturados,
> organizados independentemente das dúas aplicacións e almacenados en soporte
> informático, de tal xeito que entre eles se poida localizar rapidamente unha
> determinada información e que, ademais, se poidan empregar con diversas
> finalidades.
>
> ---
>
> Polo que entendo son cousas diferentes, un banco de datos sería a
> información que temos por exemplo no disco duro ou nunha unidade de
> almacenamento mentres que a base de datos implica que esa información estea
> organizada e estruturada. Entendo que o banco de datos é un termo máis amplo
> que base de datos polo que unha base de datos pode ser un banco de datos
> pero un banco de datos non ten porque ser unha base de datos.
> Mais opinións?
>
> bandua escribiu:
>>
>> Segundo a RAG (1997, non actualizado) di o seguinte:
>>
>> bases.f. 1.  [... ]Base de datos. Inform. Conxunto de datos
>> relacionados entre si ós que se pode acceder por medio dun programa
>> especializado. [...]
>>
>> segundo a nova norma non creo que exista motivo para descartar o
>> termo. Base ten tamén un sentido de 'corpo ou conxunto de...', creo
>> entender.
>>
>> 2008/6/19, Dani <dam...@gmail.com>:
>>>
>>> Ola:
>>> Outra dúbida
>>> database: base de datos ou banco de datos ?
>>> Saúdos
>>>
>>>
>>
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>

Responderlle a