On Wednesday 02 July 2008 23:48:08 damufo wrote: > O curioso é que para os de mozilla o xenerico é add-on e dentro deste > están as "extensions" que o complementan, engaden funcionalidades, > extenden... o programa e tamén están os "plugins" que son como programas > externos que se xuntan ao principal para complementar, engadir, > extender... neste caso para os de mozilla son programas de terceiros, > flash, acrobat, java, o motor do internet explorer...
Pois aí vas dar no cravo. Se en inglés xa no teñen claro... malamente. > Por outra banda no joomla os plugins son programas que actuan > directamente no código e que mudan, engaden, extenden funconalidades ou > máis ben comportamentos. > Tamén hai complementos e módulos que non deixan de ser engadidos, > extensións cada un cos seus matices. O caso é que no joomla tamén están > diferenciados e son cousas diferentes, xa o expliquei, pero neste caso > un plugin non ten porque ser un programa de un terceiro ainda que si o > pode ser como por exemplo un plugin pode ser un programa de captcha > (http://es.wikipedia.org/wiki/Captcha) Un complemento so ser algo máis > ben algo que engade unha funcionalidade nova, un plugin modifica o > comportamento que xa hai. Pois igual o contexto vai ter que mandar en tódolos casos. > > add-on, addon : s.m complemento > complement: s.m : complemento > extension: s.m. extensión dacordo, > plug-in, plugin : s.f. engadido o meu maior impedimento sería ter que cambiar nas cadeas de KDE isto, pero case é preferible a que non haxa coherencia entre proxectos. > plug in: v.t. conectar enchufar ben, isto engadírao por se alguén se despista co sustantivo e o 'phrasal verb'. Pois eu creo que temos dúas opcións, ou deixar que o contexto mande, que probalemente sexa necesario en proxectos coma o joomla, ou facer extensión e engadido sinónimos intercambiables e omitir o matiz que describira, que igual na práctica non existe. Marce, opinión ó respecto para KDE?.

