Leandro Regueiro escribiu:
Posto que parece que plugin e extensión non é o mesmo, aínda que non
saibamos en que se diferencian, está claro que algunha teñen e polo tanto a
tradución non debería ser a mesma.
Penso que o mellor é facer escollas diferentes para plugin e extensión, no
que parece que estamos de acordo e en addon -> complemento.

Algunha suxestión?

addon: complemento
extension: extensión
plugin: engadido

O problema é eses outros programas que non teñen tan clara a
distinción e na que usan indistintamente un ou outro termo.
Nese caso se, nós facemos distinción (igual que outros), témolo doado, usamos a que corresponda.

O de
plugin=engadido segue sen parecerme ben, pero se a maioría apoia isto
haberá que achantar.



Ata logo,
                   Leandro Regueiro

Responderlle a