Pois resulta que no joomla hai complementos, modulos e plugins.
Como é de esperar, etou totalmente de acordo en traducir plugins, a min engadido váleme.

No joomla! os plugins engaden funcionalidades ou fan tarefas ao insertar un código, por exemplo, se instalas un plugin para amosar unha imaxe este podería ter este formato, cando escribes o artigo tes que por por exemplo {imaxe id=23}. isto fai que cando se amose o artigo no canto deste código se amose a imaxe 23 (ollo isto é inventado, é so un exemplo)

Un complemento adoita ter xa un panel de administración, por exemplo unha galería de fotos, pois ven este complemto permite crear albumes, engdirlle fotos...

Moitas veces engadir unha funcionalidade ao joomla implica engadir un complemento, un módulo (ou máis), e unha ou varios plugins. Isto é porque o complemento pode facer uso do plugin ou non.

Uff!!! vaia rollaso que vos acabo de larghar!!

Todo isto é só para ilustrar un pouco como vai o tema este no joomla!

En definitiva, que por min engadido vale.
De todos modos sería bo tratar de dar algún criterio para facer a escolla entre, complemento, extensión e engadido.

Saúdos

mvillarino escribiu:
O Venres 27 Xuño 2008 19:28, Xosé escribiu:
No glosario de trasno recomenda-se:

add-on
 1. n.f. extensión
 2. n.m. complemento
plugin
 1. n.m. plugin (recomendado)
 2. n.m. extensión
    Traducir só cando non haxa posibilidade de confusión

Existe, ademais "extension" que, como non aparece no glosario, asúmese que
se ha de traducir por "extensión".

Polo tanto, para evitar confusións, conviría retirar "extensión" como
suxestión de tradución para "add-on".

A min en particular apeteceria-me traducir "plugin", aínda que se recomende
non o facer. Neste caso proporía, por exemplo, "engadido".

Opinións?
Add-on estase a traducir nos produtos de Mozilla por "complemento", se non me equivodo. Plugin eu tradúzoo sempre, como extensión. As veces que aparece extension son moi escasas, polo menos que eu a atopase.

Responderlle a