O Mar, 01-07-2008 ás 14:16 +0200, Xosé escribiu: > > O Tuesday 01 July 2008 12:53:41 Leandro Regueiro escribiu: > > >>> Polo que ao mellor podería ser: > > >>> > > >>> addon: complemento > > >>> extension: extensión > > >>> plugin: engadido > > >> > > >> perfecto; inda que terei que modificar todos o 'plugins' que traducín; > > >> pero si; a min valme. > > > > > > A min tamén, alguén se opón? > > > > No de addon: complemento vale. O de diferenciar entre extension e > > plugin no o vexo. Teño visto algún sitio (non me pidades que agora o > > lembre) nos cales usaban plugin e extension refirindose ó mesmo. Se > > ninguén da atopado un sitio onde se refiran a cousas diferentes penso > > que as dúas cousas se deberian traducir coma extensión. Un plugin o > > que fai é extender funcionalidades xa existentes, e tamén engade > > algunhas novas, se non lembro mal. Respecto ó posible conflito ca > > extensión dun ficheiro, non vexo tal. Así que me opoño en principio. > > Se ides ao Firefox, en Ferramentas>Complementos aparece: > Obter complementos | Extensións | Temas | Idiomas | Plugins > > > *Os "plugins" permiten ler contido tipo flash, QuickTime, etc. > *Os complementos parece que engaden funcións extra, como xestión de > marcadores, lingüetas, etc. > *As extensións parece que xestionan información externa, como mostrar artigos > da Wikipedia, engadir dicionarios, etc., mais a distinción con complementos > non é de todo clara. Polo que vexo, nesta tradución "extensión" e "complemento" é o mesmo. Na páxina "obter complemento" instalas o que logo, unha vez instalado, aparece na páxina "extensións". A diferencia que fai é con plugin. Para min que a diferencia que se fai entre complemento/extensión e plugin é que o plugin é unha especie de integración doutro programa dentro do firefox (eu os tres que teño son para usar a impresora, o VLC, e mailo flash).
> > >>>> Ai, e por tocar o carallo: non era que a tradución de "file" ía ser > > >>>> "ficheiro" ? > > >>> > > >>> Eu douno por suposto, entendo que son cousas diferentes. > > >>> Ao mellor erro pero, arquivo no é un ficheiro comprimido? > > >> > > >> ficheiro = file ; ficheiro comprimido =archivo; que ninguén cambie isto > > >> por favor; creo que este xa é un acordo historico e non é ben cambialo. > > > > > > Daquela estamos de acordo > > > > file: ficheiro > > archive: arquivo, onde archive sempre ven sendo un tar ou un ficheiro > > comprimido con gzip, bzip2, rar, zip.... > > Totalmente de acordo. > > > Xosé > >

