(resposta abaixo )
Miguel Branco escribiu:
On Wednesday 02 July 2008 23:48:08 damufo wrote:
> O curioso é que para os de mozilla o xenerico é add-on e dentro deste
> están as "extensions" que o complementan, engaden funcionalidades,
> extenden... o programa e tamén están os "plugins" que son como programas
> externos que se xuntan ao principal para complementar, engadir,
> extender... neste caso para os de mozilla son programas de terceiros,
> flash, acrobat, java, o motor do internet explorer...
Pois aí vas dar no cravo. Se en inglés xa no teñen claro... malamente.
> Por outra banda no joomla os plugins son programas que actuan
> directamente no código e que mudan, engaden, extenden funconalidades ou
> máis ben comportamentos.
> Tamén hai complementos e módulos que non deixan de ser engadidos,
> extensións cada un cos seus matices. O caso é que no joomla tamén están
> diferenciados e son cousas diferentes, xa o expliquei, pero neste caso
> un plugin non ten porque ser un programa de un terceiro ainda que si o
> pode ser como por exemplo un plugin pode ser un programa de captcha
> (http://es.wikipedia.org/wiki/Captcha) Un complemento so ser algo máis
> ben algo que engade unha funcionalidade nova, un plugin modifica o
> comportamento que xa hai.
Pois igual o contexto vai ter que mandar en tódolos casos.
>
> add-on, addon : s.m complemento
> complement: s.m : complemento
> extension: s.m. extensión
dacordo,
> plug-in, plugin : s.f. engadido
o meu maior impedimento sería ter que cambiar nas cadeas de KDE isto,
pero case é preferible a que non haxa coherencia entre proxectos.
> plug in: v.t. conectar enchufar
ben, isto engadírao por se alguén se despista co sustantivo e o 'phrasal
verb'.
Pois eu creo que temos dúas opcións, ou deixar que o contexto mande, que
probalemente sexa necesario en proxectos coma o joomla, ou facer
extensión e engadido sinónimos intercambiables e omitir o matiz que
describira, que igual na práctica non existe.
Marce, opinión ó respecto para KDE?.
Aínda que non tiña pensado intervir máis, onte pola noite, despois de
enviar a ultima mensaxe ao respecto, paseando a miña cadela pensei a
seguinte opción (bombilla), a ver que parece?
Posto que realmente non está clara a diferencia entre ámbolos termos
plugin e extensión, pero algúns proxectos usan os dous para diferenciar
tipos de engadidos (extensións...), pois, que sexa o tradutor quen faga
a escolla.
Proposta:
add-on, addon : s.m complemento
complement: s.m : complemento
extension: s.m. extensión (recomendada), engadido.
plug-in, plugin : s.f. engadido (recomendada), extensión.
plug in: v.t. conectar, enchufar
Esta ultima penso que está ben que estea canto máis claro o tema mellor.
Con esta proposta penso que se adaptaría a todas as actuais situacións,
firefox, joomla, kde, thunderbird...
Alguén non concorda con esta proposta? (Por favor argumentos en contra)