>> plantexar o tema de por que se poñen esas maiúsculas iniciais de palabra, se
>> é
>> unha convención do inglés (neste idioma as palabras "principais" dos
>> _títulos_
>> escreben-se con maiúscula inicial, embora nunha interface gráfica sexa
>> duvidoso
>> considerá-los títulos) ou se é unha convención de determinado software.
>
> É unha convención do idioma inglés. En castelán, e creo que tamén o
> portugués, a convención é que todo, incluídos os títulos, ten que ser
> gramaticalmente correcto. Isto inclúe empregar maiúscula só no inicio da
> oración e nos nomes propios.
Moitas grazas pola información, Jacobo. Ben, logo despois de todo isto
que regra escollemos? A de poñer tódalas letras iniciais de tódalas
palabras con maiúscula e traducir máis rápido, ou a de respectar as
regras do noso idioma que aprendemos na escola e traballar algo máis?
Ata logo,
Leandro Regueiro