> espero que vos sirvan para o debate. Persoalmente, creo que as regras da > openusability, que serán practicamente as que aplica Apple, son > independentes da lingua na que se escriba (alfabetos occidentais, claro) e > non se deberían romper ao traducir ao Galego.
Eu non teño tan claro que a motivación desas regras non sexa simplesmente reflectir as regras gramaticais inglesas. A regra para títulos de xanela (diálogo ou fiestra) é un calco do uso inglés para os títulos [1], as de enumeracións e demáis teñen algunha diferenza. A cuestión é que non me queda claro a motivación do criterio de utilización das maiúsculas nos textos empregados nos lugares de activación de de accións (sexan menús, textos de ícones, ou outros). Irei facer unha consulta á xente de usabilidade de kde a ver que din acerca dos motivos polos que escolleron os criterios de uso das maiúsculas. [1] Regra nº 8: http://www.grammarbook.com/punctuation/capital.asp tamén en http://owl.english.purdue.edu/owl/resource/592/01/

