Hoxe si que que me disparei a consultar!!! Sempre traducin "library" por "libraría" porque é un termo asentado, apesar de ser un erro brutal de tradución. Acabo de atopar (libkleopatra [KDE]) "biblioteca" que, na verdade, é o que máis lle acae: é un ficheiro ao que se van buscar cousas, non comprar.
Que vos parece que fagamos: continuar empregando "libraría" ou tentar reconducir esta palabra (non creo que tardásemos moito en nos afacer a "biblioteca")? Xosé

