Ola:
Aproveito para dar as grazas a todos os que fixeron posible a tradución
ao galego do openoffice.
Acabo de instalar a openoffice 3.0. Na pantalla inicial onde permite
escoller o tipo de documento a crear resulta que os atallos de Ver e
Ventá (en trasno usamos fiestra) son o mesmo.
Tamén son o mesmo para Ficheiro e Ferramentas.
Logo se abrimos un documento writer vemos que no menú abrir, hai tres
elementos co atallo no "a", no de editar...
Penso que antes de facer trocos, habería que revisar todo con calma,
facendo un mapa o máis completo posible xa que se non se fai así
corremos o risco de ao amañar unha cousa que coincida logo outra.
Saúdos