O Tuesday 09 September 2008 14:55:03 Leandro Regueiro escribiu: > >>>> Aproveito para dar as grazas a todos os que fixeron posible a > >>>> tradución ao galego do openoffice. > >>>> Acabo de instalar a openoffice 3.0. Na pantalla inicial onde permite > >>>> escoller o tipo de documento a crear resulta que os atallos de Ver e > >>>> Ventá (en trasno usamos fiestra) son o mesmo. > >>> > >>> Pois eu uso ventá. Hai que ter en conta que Ver colisiona con Ventá, > >>> pero Fiestra colisiona con Ficheiro. Algunha solución haberá que > >>> atopar. > > > > Leandro, o de fiestra só é a nivel anécdota. e como saben no glosario de > > trasno aparece fiestra (recomendado) > > Non me decatara eu do cambio. > > >> Eu tamén uso fiestra, pero me parece que iso aquí non importa moito. O > >> caso é que o que traduza a aplicación debería de preocuparse diso e ir > >> collendo letras que non estean collidas. No caso de Fiestra/Ventá, eu > >> collería unha letra do medio, pois Ficheiro/Ver parécenme menús máis > >> importantes, e poñeríalles a primeira letra de atallo de ser posible. > > > > Efectivamente o importante é o tema dos atallos. > > Miguel, efectivamente é complicado por iso comentaba o de preparalo antes > > de comezar a facer cambios que interfiran e fagan novos erros. Isto pasou > > co firefox 3.
certo, é un tema sensible que hai que asentar. > Xa, e pasará noutros sitios. A verdade é que nunca me preocupei moito > polo tema dos atallos. > > A Miguel Bouzada, con _Xanela temos o problema de A_xuda, ainda que > José Ramom Pichel diga que é a mellor solución. Isto vai ser o de > sempre, recoller tódalas posibilidades que hai que debater e xuntarse > para falar unha solución. É cousa miña ou pérdome mensaxes na lista???. Será que a xente non usa o botón de "reenviar" a todos ou o de "responder a todos" ou o que sexa en gmail??.

