Adrián Chaves Fernández escribiu:
2008/9/9 damufo <[email protected]>:
Ola:
Aproveito para dar as grazas a todos os que fixeron posible a tradución
ao galego do openoffice.
Acabo de instalar a openoffice 3.0. Na pantalla inicial onde permite
escoller o tipo de documento a crear resulta que os atallos de Ver e
Ventá (en trasno usamos fiestra) son o mesmo.
Pois eu uso ventá. Hai que ter en conta que Ver colisiona con Ventá,
pero Fiestra colisiona con Ficheiro. Algunha solución haberá que
atopar.
Ata logo,
Leandro Regueiro
Leandro, o de fiestra só é a nivel anécdota. e como saben no glosario de
trasno aparece fiestra (recomendado)
Eu tamén uso fiestra, pero me parece que iso aquí non importa moito. O caso é
que o que traduza a aplicación debería de preocuparse diso e ir collendo
letras que non estean collidas. No caso de Fiestra/Ventá, eu collería unha
letra do medio, pois Ficheiro/Ver parécenme menús máis importantes, e
poñeríalles a primeira letra de atallo de ser posible.
Efectivamente o importante é o tema dos atallos.
Miguel, efectivamente é complicado por iso comentaba o de preparalo
antes de comezar a facer cambios que interfiran e fagan novos erros.
Isto pasou co firefox 3.
Saúdos