O Tuesday 09 September 2008 13:36:37 Adrián Chaves Fernández escribiu:
> > 2008/9/9 damufo <[email protected]>:
> > > Ola:
> > > Aproveito para dar as grazas a todos os que fixeron posible a tradución
> > > ao galego do openoffice.
> > > Acabo de instalar a openoffice 3.0. Na pantalla inicial onde permite
> > > escoller o tipo de documento a crear resulta que os atallos de Ver e
> > > Ventá (en trasno usamos fiestra) son o mesmo.
> >
> > Pois eu uso ventá. Hai que ter en conta que Ver colisiona con Ventá,
> > pero Fiestra colisiona con Ficheiro. Algunha solución haberá que
> > atopar.
> >
> > Ata logo,
> > Leandro Regueiro
>
> Eu tamén uso fiestra, pero me parece que iso aquí non importa moito. O caso
> é que o que traduza a aplicación debería de preocuparse diso e ir collendo
> letras que non estean collidas. No caso de Fiestra/Ventá, eu collería unha
> letra do medio, pois Ficheiro/Ver parécenme menús máis importantes, e
> poñeríalles a primeira letra de atallo de ser posible.
Non é tan fácil ir escollendo, pois cando traduces sabe o demo en que parte
exacta da GUI estás!, bardante dos evidentes que te podes imaxinar que é o
menú principal }
Recordo que fiestra o temos como recomendado {
http://trasno.net/trasno:glosario#w } inda que sempre aparece casos non que
non o cumprimos { vd. http://en.gl.open-tran.eu/suggest/window } . Escollendo
"fiestra" eu faría "_f_icheiro" e "fi_e_stra" (="&ficheiro" e "fi&estra"),
esta E é aberta (se non me engano) e o acento recae na 1º sílaba, así que
apreceme axeitado. Os de KDE no canto de "Ver" temos "Vista"...
Isto lévame a que dicutimos moitas veces asentar consenso da tradución dos
elementos básicos da interface en poñelo por escrito ( incluiría os atallos) e
inda non fixemos. Xoves remato co meu (teño minivacacións) e igual me poño
con isto.