2008/9/9 Miguel Branco <bandu...@gmail.com>:
> O Tuesday 09 September 2008 13:36:37 Adrián Chaves Fernández escribiu:
>> > 2008/9/9 damufo <dam...@gmail.com>:
>> > > Ola:
>> > > Aproveito para dar as grazas a todos os que fixeron posible a tradución
>> > > ao galego do openoffice.
>> > > Acabo de instalar a openoffice 3.0. Na pantalla inicial onde permite
>> > > escoller o tipo de documento a crear resulta que os atallos de Ver e
>> > > Ventá (en trasno usamos fiestra) son o mesmo.
>> >
>> > Pois eu uso ventá. Hai que ter en conta que Ver colisiona con Ventá,
>> > pero Fiestra colisiona con Ficheiro. Algunha solución haberá que
>> > atopar.
>> >
>> > Ata logo,
>> >                    Leandro Regueiro
>>
>> Eu tamén uso fiestra, pero me parece que iso aquí non importa moito. O caso
>> é que o que traduza a aplicación debería de preocuparse diso e ir collendo
>> letras que non estean collidas. No caso de Fiestra/Ventá, eu collería unha
>> letra do medio, pois Ficheiro/Ver parécenme menús máis importantes, e
>> poñeríalles a primeira letra de atallo de ser posible.
>
> Non é tan fácil ir escollendo, pois cando traduces sabe o demo en que parte
> exacta da GUI estás!, bardante dos evidentes que te podes imaxinar que é o
> menú principal }
>
> Recordo que fiestra o temos como recomendado {
> http://trasno.net/trasno:glosario#w } inda que sempre aparece casos non que
> non o cumprimos { vd. http://en.gl.open-tran.eu/suggest/window } . Escollendo
> "fiestra" eu faría "_f_icheiro" e "fi_e_stra" (="&ficheiro" e "fi&estra"),
> esta E é aberta (se non me engano) e o acento recae na 1º sílaba, así que
> apreceme axeitado. Os de KDE no canto de "Ver" temos "Vista"...
>
> Isto lévame a que dicutimos moitas veces asentar consenso da tradución dos
> elementos básicos da interface en poñelo por escrito ( incluiría os atallos) e
> inda non fixemos.  Xoves remato co meu (teño minivacacións) e igual me poño
> con isto.

Anotada queda a proposta. Supoño que igual falamos disto na xuntanza
esa sobre a guia de estilo cos de mancomun...

Ata logo,
                  Leandro Regueiro

Responderlle a