>>>> Aproveito para dar as grazas a todos os que fixeron posible a tradución
>>>> ao galego do openoffice.
>>>> Acabo de instalar a openoffice 3.0. Na pantalla inicial onde permite
>>>> escoller o tipo de documento a crear resulta que os atallos de Ver e
>>>> Ventá (en trasno usamos fiestra) son o mesmo.
>>>
>>> Pois eu uso ventá. Hai que ter en conta que Ver colisiona con Ventá,
>>> pero Fiestra colisiona con Ficheiro. Algunha solución haberá que
>>> atopar.
>
> Leandro, o de fiestra só é a nivel anécdota. e como saben no glosario de
> trasno aparece fiestra (recomendado)

Non me decatara eu do cambio.

>> Eu tamén uso fiestra, pero me parece que iso aquí non importa moito. O
>> caso é que o que traduza a aplicación debería de preocuparse diso e ir
>> collendo letras que non estean collidas. No caso de Fiestra/Ventá, eu
>> collería unha letra do medio, pois Ficheiro/Ver parécenme menús máis
>> importantes, e poñeríalles a primeira letra de atallo de ser posible.
>>
> Efectivamente o importante é o tema dos atallos.
> Miguel, efectivamente é complicado por iso comentaba o de preparalo antes de
> comezar a facer cambios que interfiran e fagan novos erros. Isto pasou co
> firefox 3.

Xa, e pasará noutros sitios. A verdade é que nunca me preocupei moito
polo tema dos atallos.

A Miguel Bouzada, con _Xanela temos o problema de A_xuda, ainda que
José Ramom Pichel diga que é a mellor solución. Isto vai ser o de
sempre, recoller tódalas posibilidades que hai que debater e xuntarse
para falar unha solución.

Ata logo,
                    Leandro Regueiro

Responderlle a