Eu chámolle [tecla de] maiúsculas para o puntual e bloqueo [da tecla de]
maiúsculas para o que deixa activada a opción de maiúsculas.
abur
Adrián Chaves Fernández escribiu:
Pois eu sonvos dos que chama "maius" ao de bloquear, e "shift" ao puntual.
Outra cousa interesante para o glosario.
Vaia!
Eu sempre considerei o botón "maiúsculas" ó que permite cambiar a grafía da
tecla pulsada de xeito puntual [é dicir, que herda o comportamento das
máquinas de escribir mecánicas] e "bloqueo de maiúsculas" ó que cambiaba a
representación só das teclas alfabéticas ata que o estado do propio botón
volvese a cambiar [variando o comportamento con respecto ó seu precursor
nas máquinas de escribir mecánicas].
2008/9/23 Leandro Regueiro <[email protected]>
Relacionado con isto, ou non, como se lle chama ó botón "shift" en
galego, porque maiúsculas é outro botón??
Ata logo,
Leandro Regueiro