> Update (vbo. e subs.)
> significado: "versión modificativa, cara a un estado posterior"
> substantivo: actualización (outras alternativas: posta ao día,
> modernización)
> verbo: actualizar(se)
Coincido totalmente.
> Upgrade (vbo. e subs.)
> significado: "versión extintiva, ata un estado posterior"
> substantivo: renovación, progresión, renovación progresiva (outras
> alternativas: anovación, revalorización, (re)cambio, reinicio)
> verbo: renovar(se)
>
> *Sen dúbida sería máis exacto <<progresión>> pero o verbo "progresar"
> é intransitivo e ten unha connotación tan forte que non se presta: Upgrade
> your software > *Progrese o seu software // Renove o seu software. Por iso
> prefiro <<renovación>>
Progresión non é aceptable como ti dis. Renovar tampouco me convence.
Anovar psii.
> Downgrade (vbo. e subs.)
> significado: "versión extintiva, ata un estado anterior"
> substantivo: reversión
> verbo: reverter
Coincido totalmente.
> Restore (vbo. e subs)
> significado: "versión modificativa, ata un estado anterior"
> substantivo: restauración (outras alternativas: recuperación)
> verbo: restaurar
Um, ainda que nunha mensaxe anterior dixen que non me convencia, a
verdade é que pode que sexa mellor usar restaurar ca recuperar.
Ata logo,
Leandro Regueiro