Eu concordo con todas elas. Antes de te-lo sistema traducido ao galego, nunca escoitara "anovar", polo tanto persoalmente prefiro "renovar".
> > Update (vbo. e subs.) > > significado: "versión modificativa, cara a un estado posterior" > > substantivo: actualización (outras alternativas: posta ao día, > > modernización) > > verbo: actualizar(se) > > Coincido totalmente. > > > Upgrade (vbo. e subs.) > > significado: "versión extintiva, ata un estado posterior" > > substantivo: renovación, progresión, renovación progresiva (outras > > alternativas: anovación, revalorización, (re)cambio, reinicio) > > verbo: renovar(se) > > > > *Sen dúbida sería máis exacto <<progresión>> pero o verbo > > "progresar" é intransitivo e ten unha connotación tan forte que non se > > presta: Upgrade your software > *Progrese o seu software // Renove o seu > > software. Por iso prefiro <<renovación>> > > Progresión non é aceptable como ti dis. Renovar tampouco me convence. > Anovar psii. > > > Downgrade (vbo. e subs.) > > significado: "versión extintiva, ata un estado anterior" > > substantivo: reversión > > verbo: reverter > > Coincido totalmente. > > > Restore (vbo. e subs) > > significado: "versión modificativa, ata un estado anterior" > > substantivo: restauración (outras alternativas: recuperación) > > verbo: restaurar > > Um, ainda que nunha mensaxe anterior dixen que non me convencia, a > verdade é que pode que sexa mellor usar restaurar ca recuperar. > > > Ata logo, > Leandro Regueiro

