Adrián Chaves Fernández escribiu:
Eu concordo con todas elas. Antes de te-lo sistema traducido ao galego,
nunca escoitara "anovar", polo tanto persoalmente prefiro "renovar".
Non concordo con este criterio.
> > Update (vbo. e subs.)
> > significado: "versión modificativa, cara a un estado posterior"
> > substantivo: actualización (outras alternativas: posta ao día,
> > modernización)
> > verbo: actualizar(se)
>
> Coincido totalmente.
>
> > Upgrade (vbo. e subs.)
> > significado: "versión extintiva, ata un estado posterior"
> > substantivo: renovación, progresión, renovación progresiva (outras
> > alternativas: anovación, revalorización, (re)cambio, reinicio)
> > verbo: renovar(se)
> >
> > *Sen dúbida sería máis exacto <<progresión>> pero o verbo
> > "progresar" é intransitivo e ten unha connotación tan forte que non se
> > presta: Upgrade your software > *Progrese o seu software // Renove
o seu
> > software. Por iso prefiro <<renovación>>
>
> Progresión non é aceptable como ti dis. Renovar tampouco me convence.
> Anovar psii.
>
Prefiro anovar.
> > Downgrade (vbo. e subs.)
> > significado: "versión extintiva, ata un estado anterior"
> > substantivo: reversión
> > verbo: reverter
>
> Coincido totalmente.
concordo
>
> > Restore (vbo. e subs)
> > significado: "versión modificativa, ata un estado anterior"
> > substantivo: restauración (outras alternativas: recuperación)
> > verbo: restaurar
porque non regresión ou recesión?
>
> Um, ainda que nunha mensaxe anterior dixen que non me convencia, a
> verdade é que pode que sexa mellor usar restaurar ca recuperar.
>
>
> Ata logo,
> Leandro Regueiro