> "Liña de tempo" paréceme perfectamente válida. De feito empregase en edición
> de video para designar o control onde se van colocando os fragmentos de
> video de xeito ordeado [dentro do contexto da película final].

Aquí é outro contexto, creo eu.

>> > - Milestone: Esta é importante, aparece moitísimo...
>> > ( en castelán sería "hito"... en galego... "etapa",
>> > "milladoiro","obxectivo"...?)
>>
>> "fito" claramente. Non sei que demo fai aí un milladoiro...
>
> "Milestone" = "punto kilométrico".
>
> Empregado de xeito metafórico viria a designar aquela "meta" que nos
> propoñemos acadar en un prazo determinado [que non un fin].
>
> Fito evoca [baixo o meu punto de vista] algo acontecido ou algo por
> acontecer pero que non se está a buscar expresamente.

Para min fito ten exactamente esa connotación.

>> Eu propoñíache "roteiro" que ainda que alguén dixo que soaria mal eu
>> non o vexo así. Ainda así non sei exactamente o significado e que non
>> apareza no digalego xa me fai pensar se non será un lusismo.
>
> Eu proporía simplemente "mapa de ruta".

Outra opción válida. Aínda que preferiría roteiro por ser unha única palabra.

Ata logo,
                    Leandro Regueiro

Responderlle a