> - Timeline:
> "The timeline provides a historic view of the project in a single report.
>
> It lists all Trac events that have occurred in chronological order, a brief
> description of each event and if applicable, the person responsible for the
> change."
>
> ("liña cronolóxica", "vista cronolóxica"...?)
Íache dicir "liña de tempo" pero soa mal, ainda que se oia a miúdo. Eu
deixaría "cronoloxía". "Cronograma" soame máis a que é algo gráfico,
pero se a definición se axusta a isto entón usariao.
> - Milestone: Esta é importante, aparece moitísimo...
> ( en castelán sería "hito"... en galego... "etapa",
> "milladoiro","obxectivo"...?)
"fito" claramente. Non sei que demo fai aí un milladoiro...
> - Roadmap:
> " The roadmap provides a view on the ticket system that helps planning and
> managing the future development of a project."
> (eu puxen "plan de traballo". A metáfora do mapa de estradas parecíame medio
> forzada...pero igual se debía manter por "coherencia co programa"... non sei
> se me explico)
Eu propoñíache "roteiro" que ainda que alguén dixo que soaria mal eu
non o vexo así. Ainda así non sei exactamente o significado e que non
apareza no digalego xa me fai pensar se non será un lusismo.
Respecto de "ticket" usaria "tícket" que é o aceptado. Outra opción,
se é que é válida, sería "resgardo" ou algo polo estilo.
Hai que avisar de que o corrector non acepta "tícket" logo.
Ata logo,
Leandro Regueiro