Estaría ben que falases de Trasno ao meu ver, pero procura aclarar que o do Google é alleo ao proxecto. Podes mencionar Trasno como "...teño experiencia na tradución pola miña colaboración en Trasno...", ou algo parecido, e dende aí "explaiarte" o que queiras :-)
> Recibín esta mensaxe: > > >Soy Mario Jiménez, del departamento de prensa de Google España. Me pongo > > en contacto contigo porque, como sabrás, mañana lanzamos el traductor de > > Google en gallego. Tengo entendido que tú eres uno de los voluntarios y > > nos gustaría hablar contigo para ver la posibilidad de que te hicieran > > una entrevista en El Faro de Vigo a propósito del lanzamiento. > > > >Si puedes, te pediría que, por favor, te pusieras en contacto conmigo, > > bien por mail, bien por teléfono, para hablar de este asunto y de cómo > > organizarnos en caso de que estés dispuesto a hacer la entrevista. > > Nunha mensaxe posterior díxome que o lanzamento se adiaba para a semana que > ven. Ainda que sei que a tradución do Google non entra nas actividades de > Trasno (non é software libre), pareceume conveniente facelo pola > visibilidade que ten na web e queríao comentar porque, se isto vai adiante, > tentarei que apareza. O procedemento de tradución é certamente opaco e non > se sabe quen mais traballa nela, polo que, se hai alguén máis nesta lista > que teña colaborado, estaría ben que nos puxésemos en contacto para > comentar que dicir (ou se tamén lles escribiron para facer a entrevista). > > Xosé

