O Xoves 05 Marzo 2009 21:48:30 damufo escribiu: > mvillarino escribiu: > > 2009/3/5 Leandro Regueiro <[email protected]>: > >> O recomendado no glosario de Trasno é "ordenador" mentres que no > >> glosario de Mancomún aparece "computador" supoño que para manter a > >> coherencia cas escolla feita para a tradución do Windows. > > > > Eu entendo que a forma de uso habitual é «Ordenador». > > A ver, segundo ti, que posibilidades ten de callar e ser utilizado de > > xeito habitual por un grupo amplo da poboación galego-falante o termo > > «Computador»? > > Eu para elixir un termo fagoo en función de se me parece máis correcto > que outro (ollo non son filólogo simplemente un aficionado e ademais "de > ciencias", polo que me equivoco moitas veces) e non en función de que > máis ou menos xente o use (non sei cantas veces comentei isto na > lista)(canta xente usa ou fala galego normativo? Se imos usar o que todo > o mundo usa pois por exemplo a normativa do galego iría a tomar polo > **.), é simplemente un criterio e non quere dicir que sexa correcto nin > incorrecto, só un criterio de elección. Ramén.
É moi común o uso de termos en inglés: e-mail (a xente incluso usa "mail"), slot... Para "usar o máis extendido" bastaría con deixar unha mezcla de castelán e inglés. Así pasamos a considerar o que entendidos e afeizoados cremos convinte usar. > > Cinguíndome ao termo en concreto, "ordenador" se é igual de correcto que > "computadora" (e así o indican os que saben) pois benvido sexa > "ordenador". Ordenador é un galicismo, que creo máis producto da "alerxia" española ao que veña de USA (en inglés) que a que represente unha alternativa interesante. Asimesmo, creo que en francés "inventaron" esa palabra para evitar usar a inglesa. a) Ordenador alude a unha das tarefas máis habituais da computación: a ordenación de series (vectores, listas e demáis). Así podemos entender que un ordenador é unha máquina para ordear información. b) Computador define a unha máquina adicada ao cómputo. O proceso de calqueira información faise mediante o cómputo matemático. Da igual que esteamos a escribir unha carta (un correo electrónico) ou vendo unha web, ou unha película...) o que está a facer a máquina en si mesma é computación. De feito, a ciencia encargada do estudo de todo o que rodea a estas máquinas denomínase "ciencias da computación". Que se nomee "ordenador" a unha máquina de computación... a gusto de cada quen, supoño XD Vou a extender a idea. De feito, o termo "computador" non alude á súa implementación física. Un "computador" é unha calculadora moderna, un computador persoal (PC), un Mac, un panel de computadores en rede... Existen variantes do termo que aluden ao tamaño e potencia (e xeralmente dan unha idea do uso): minicomputador, microcomputador, supercomputador.... anque debido a potencia do hardware de uso cotidián as diferencias entre ditos termos préstase a debate. Por outra parte, todo computador implica o uso dun Sistema Operativo para abstraer o funcionamento do hardware que o compón. Un supercomputador Beowulf usará un S.O. que permite manexar unha máquina que en realidade consta de moitas máquinas unidas como se fose un só computador (creando unha abstracción dunha abstracción XD), namentres que un dispositivo de telecomunicacións como un móvil sinxelo terá un Sistema Operativo que pouco máis é que unha interface de usuario. > Filosofando: > Eu penso que unha tradución tamén a de ser didáctica, hoxe en día para > min isto é fundamental. Hai que preguntarse quen vai usar unha tradución > ao galego, na miña opinión o que procura comodidade e o que usa todo o > mundo, penso eu, que non vai usar a tradución ao galego. Canto léxico > perdido ten a nosa xeración?? canta xente non sabe o que é un xeonllo, > nocello coxa?? e por iso non imos empregar rodilla, tobillo, muslo... > uff! perdón por irme do tema. Como teño manifestado noutras ocasións, a ventaxe dos anglosaxóns para a aprendizaxe da computación é que o vocabulario implicado é moi metafórico. Considero que adaptar esta idea ao idioma galego é o que da senso á propia traducción. Persoalmente, creo que se deberan escoller termos que faciliten que o usuario visualice no seu maxín a idea que expresa o elemento nomeado. E para iso hai que empregar os termos máis precisos, independentemente da difusión dos mesmos (por suposto, sempre mantendo a corrección, e sen ter que caer en termos en desuso). No caso que nos atinxe, ordenador é unha palabra moi extendida... porque está moi extendida no castelán de España. Elixir ordenador para a traducción en galego é unha opción válida como a outra, pero creo que limitármonos a usar os termos en función do uso en castelán non é o que deberamos facer. Saúde!! -- O malo da relixión e a súa carenza de imaxinación -- karl

